Obradoiros Sostenibilidade e Motivación

Obradoiros Sostenibilidade e Motivación

En Dalle que Dalle Coworking vamos a recibir o outono cheos de equilibrio e crecemento! Reunimos a catro profesionais das áreas da saúde natural e o benestar emocional que nos trasmitirán os seus profesionais e ricos coñecementos e experiencias.

Aproveita esta oportunidade para renovar os teus coñecementos e facer novos contactos no mundo da saúde natural e o emprendemento.

Estos son os catro obradoiros, de balde, de Outubro: o mes da sostenibiliade e a motivación:

  • Xoves 17, 18 a 21 hrs. Terapias alternativas e naturais para a saúde. Beneficios para o noso equilibrio corporal e emocional. Consellos para emprender nun nicho de mercado. Imparte, Lucía Ruibal, del centro Zensaciones. www.escuchatualma.es
  • Venres 18, 18 a 21 hrs. Coidarse con produtos naturais e personalizados. Cosmética orgánica. Alimentación ecólogica. Consellos para emprender. Imparte Fuensanta Martínez de Plantas con Alma. www.plantasconalma.es
  • Xoves 24, 18 a 21 hrs. Programación neurolínguista: motivación persoal e para o emprendemento. Xestión de equipos e conflitos. Impartido por Jorge Rial, bio coach. www.institutoeuropeodepnl.com
  • Venres 25, 19 a 21. Intelixencia Emocional: unha brúxula emocional para ti e o teu negocio. Impartido por Gloria Fontán, Psicopedágoga. www.gapefa.com