Concurso Cucunver

Concurso Cucunver

ConcursoPrecisamos responsable de comunicación

Cucunver é unha startup que nace no ano 2017.

Deseñamos un software de xestión enfocado na mellora do día a día das entidades sen ánimo de lucro.

Obxetivo do proxecto
CUCUNVER nace dunha necesidade que existe hoxe en día dentro das entidades non lucrativas (Asociacións
sen Ánimo de Lucro) de cara á xestión diaria de datos.
Como traballan estas entidades?
O uso de ferramentas web que axilicen as tarefas de xestión diaria está moi pouco estendido. En moitos
casos a documentación importante non se atopa nun mesmo formato e con demasiada frecuencia, incluso
figura en diferentes espazos físicos. Facer cambios a nivel de xestión adoita ser un proceso lento e para os
membros das entidades supón un gran esforzo de adaptación.

Requisitos do concurso
Confeccionar un plan de comunicación destinado á nosa aplicación coas seguintes características:
· A maneira de dar a coñecer o noso proxecto, tanto online como offline.
· Unha relación das accións a realizar en materia de marketing e comunicación.
· A correcta selección das canles de distribución para CUCUNVER.
· A especial importancia en destacar que CUCUNVER é un produto de pago, buscando público que
estea interesado asumir os custes do servizo.
· Os prazos de execución necesarios de cara ao lanzamento de CUCUNVER.
· Extensión máxima dez follas.

Modalidade do concurso
O plan de negocio será enviado nun arquivo a través da web http://cucunver.com/concurso nos formatos indicados e coa posibilidade de aportar todo tipo de material, tanto texto, vídeo, imaxes, video,
etc. É requisito obrigatorio encher os datos persoais con información real así como enviar unha copia do
currículum vitae.
Nunha segunda fase as persoas preseleccionadas farán unha exposición da súa idea cunha duración
máxima de 10 minutos, contando con posible apoio audiovisual.

Datas e prazos
A presentación das ideas terá como data límite o día 10 de xuño de 2018 ás 23:59 h.

Premio
O premio será a incorporación ao proxecto Cucunver cun contrato temporal de 3 meses de duración con posibilidade de ampliación segundo os obxectivos acadados. A data de comezo deste contrato será de xullo de 2018, aproximadamente.

Para máis información e presentarse o concurso pincha no seguinte enlace: